Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía detivo en Valencia un home acusado da violación dunha menor de 14 anos

A policía detivo en Valencia un home acusado da violación dunha menor de 14 anos

A rapaza foi localizada semiinconsciente nun merendeiro

G24.gal 14/11/2021 19:03

A policía detivo en Valencia un home acusado da violación dunha menor de 14 anos. A rapaza foi localizada semiinconsciente a media tarde nun merendeiro.

A vítima relatou os feitos despois de ser localizada por un viandante e trasladada ao hospital. Informou de que coñecera o seu agresor por Instagram.

Os axentes detivérono na estación de metro de Torrent, onde el tratou de negar os feitos. O home foi posto a disposición da Policía Nacional, que tomou mostras biolóxicas e está analizando as conversas telefónicas previas á agresión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade