Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hostaleira en Galicia sitúase entre o 55 e o 65% na ponte da Constitución

A ocupación hostaleira en Galicia sitúase entre o 55 e o 65% na ponte da Constitución

Destaca o turismo rural, coa Ribeira Sacra como destino estrela

G24.gal 10/12/2022 13:53 Última actualización 10/12/2022 15:18

A ocupación hostaleira en Galicia nesta ponte da Constitución sitúase, de media, entre o 55 e o 65 por cento.

Asegurouno -nunha entrevista na Radio Galega- a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou as boas cifras do turismo rural. As casas rurais presentan de media unha ocupación de entre o 65 e o 75%, coa Ribeira Sacra como destino principal.

Pero tamén as cidades grandes acollen estes días un bo número de viaxeiros: En Vigo, por exemplo, acadáronse picos de ocupación de preto do 90 %. A Coruña e Santiago tamén superaron o 50 % de ocupación media.

O Outono Gastronómico está sendo un dos polos de atracción nesta ponte e tamén está a axudar moito o Bono Turístico da Xunta, que segundo a directora de Turismo de Galicia, xa leva esgotados tres millóns de euros dos catro previstos.

Galicia xa superou -a estas alturas de ano- os seis millóns de turistas e as cifras de peregrinos están en máximos. O reto, agora, é pechar o ano por riba das 400.000 compostelas.

Estes números permitiron, segundo Nava Castro, que a nosa comunidade subira un chanzo no ránking nacional.

Pero, polo momento, aínda non se recuperaron os niveis previos á pandemia de viaxeiros estranxeiros.

Por iso, o sector e a Xunta establecen como obxectivo para o ano que vén impulsar o turismo internacional, coa China, Corea e o Xapón no punto de mira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos