Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova lei do aborto levará un permiso retribuído desde a semana 39 de xestación

A nova lei do aborto levará un permiso retribuído desde a semana 39 de xestación

O texto non vai incluír o IVE superreducido do 4 % para os produtos de hixiene feminina

Montero confirma que hai acordo para a baixa laboral de menstruacións dolorosas, coa duración que necesite cada muller

G24.gal 16/05/2022 10:29 Última actualización 16/05/2022 15:04

O Consello de Ministros ten previsto aprobar mañá a nova lei do aborto. Este texto ten algúns cambios que foron introducidos nas negociacións das últimas semanas entre os diferentes ministerios implicados.

Permiso retribuído desde a semana 39

A nova lei do aborto contemplará un permiso retribuído desde a semana 39 do embarazo, tres semanas máis tarde que a proposta inicial do Ministerio de Igualdade, que formulaba este dereito a partir da semana 36 de xestación.

Acordo para a baixa laboral en caso de menstruacións dolorosas

Montero confirmou que o texto da lei xa está pechado e hai acordo para a baixa laboral en caso de menstruacións dolorosas con custo a cargo da Seguridade Social desde o primeiro día e coa duración que necesite cada muller.

Explicou que se regulará a través dunha incapacidade temporal especial e valorou que España será o primeiro país de Europa que comezará a falar dunha cuestión que ata o de agora se viviu desde "o tabú e a vergoña".

Interrupción do embarazo sen consentimento paterno para as menores de 16 e 17 anos

Garantía de acceso ao aborto no hospital público máis próximo, fin da esixencia do consentimento paterno para as menores de 16 e 17 anos, un dos puntos que previsiblemente centrará o debate político xa que foi o PP quen introduciu ese requisito en 2015.

Mantense o IVE dos produtos de hixiene feminina

O texto non vai incluír o IVE superreducido do 4 % para os produtos de hixiene feminina pola negativa do Ministerio de Facenda, segundo avanzou a ministra de Igualdade, Irene Montero, esta mañá a unha emisora de radio. Explicou Montero, que malia a negativa seguirá "pelexando" e que esta medida volverase negociar nos orzamentos do Estado.

Montero insistiu en que esta medida, do IVE reducido, se terá que implementar porque é "urxente" e supón un custo de 30 millóns de euros.

Montero confiou en que nesta lexislatura se avance de forma decidida niso e subliñou que "co sobrecusto das obras da M-30 se pagarían 69 anos dunha redución dos produtos de hixiene menstrual".

A ministra tamén lembrou que un 22 % das mulleres di que non pode pagar estes produtos porque "non ten unha economía que llo permita".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade