Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montero insiste en formar os xuíces "para a aplicación correcta das leis"

O presidente do Senado saúda a Irene Montero, en presenza do presidente do CXPX (EFE/Fernando Villar)
G24.gal 17/11/2022 14:43 Última actualización 17/11/2022 16:32

A ministra de Igualdade, Irene Montero, insistiu este xoves no Senado na necesidade de formar aos xuíces para "unha correcta aplicación das leis" e evitar "estereotipos e rumbos machistas que comprometan a imparcialidade".  

Así o fixo durante a súa intervención na inauguración do VIII Congreso do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPJX), onde citou literalmente as recomendacións que o Comité para a Eliminación da Discriminacón contra a Muller de Nacións Unidas (CEDAW) realizou a España nun informe sobre esta materia.  

Montero referiuse á recomendación que fala de "garantir a formacion para velar por que os profesionais dos sistemas de xustiza manexen os casos de forma sensible ao xénero para a corrcta aplicación das leis".   

Respondeulle con contundencia a presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero. Ángeles Carmona lembroulle que xa lle advertiran destes problemas nun informe do Consello Xeral do Poder Xudicial e asegura que os xuíces españoles están perfectamente formados.  "As mulleres poden estar tranquilas porque o noso sistema xudicial conta con tódolos intrumentos para defendelas", dixo Carmona no Senado.

Tampouco apoian a Irene Montero os seus compañeiros ministros socialistas, que piden confiar na xustiza. E importante respetar a "separación de poderes", lembráballe esta mañá a ministra voceira, Isabel Rodríguez.

Presidentes socialistas de comunidades autónomas pídenlle á ministra que rectifique, pero evitan pedir o seu cese. Especialmente crítico está a ser o presidente de Castela a Mancha, Emiliano García-Page que acusa a Montero e a Podemos de "estar permanentemente instalados na soberbia intelectual".

Moderación tamén lle piden algúns dos socios de goberno coma o PNV. Aitor Esteban, o voceiro dos nacionalistas vascos no Congreso, é partidario de modificar a norma. 

O PP non ten dúbidas. Pide rectificación inmediata e responsabilidades políticas. E iso tradúcese en dimisións, di a secretaria Xeral do PP, Cuca Gamarra. 

Pola súa parte, o presidente da Xunta, Alfonso Ruedacre que a lei se fixo con pouco rigor polas présas do Goberno central por aprobala. Asegura que a solución é cambiar o texto e non culpar os xuíces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar