Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mesa da Seca reúnese este luns co obxectivo de mellorar os recursos hídricos

A Mesa da Seca reúnese este luns co obxectivo de mellorar os recursos hídricos

O ministro de Agricultura lembra que está en vigor un plan de mellora do regadío de 2.130 millóns de euros

Os encoros galegos están a menos da metade da súa capacidade, catro deles por baixo do 20 %

G24.gal 04/09/2022 20:23 Última actualización 04/09/2022 20:40

A Mesa da Seca reúnese este luns co ministro de Agricultura á fronte e nela escoitaranse diversos pedimentos procedentes das comunidades autónomas e do sector agrario. Por exemplo, máis fondos para impulsar infraestruturas que xeren máis recursos hídricos. Tamén a demanda dunha reprogramación parcial dos fondos next generation para destinar máis financiamento á auga e aos regadíos.

 "Loxicamente, imos avaliar e compartir esta situación con todos os actores. Somos un Goberno de diálogo e pretendemos nese diálogo escoitar o que pensan as comunidades autónomas e o que pensan tamén as organizacións agrarias", indica o ministro Luis Planas.

O titular de Agricultura insiste en que segue vixente o paquete de medidas fiscais, laborais e hidrolóxicas xa aprobado en marzo contra a seca. Nese sentido, lembra a previsión de investimentos para aproveitar, como el di, "cada pinga de auga de regadío".

 "2.130 millóns de euros imos investir desde este ano ata o ano 2027 en obras relativas á mellora do regadío coa participación das comunidades autónomas e das comunidades de regantes", lembra Planas.

Na axenda da mesa deste luns hai outras referencias; entre elas, analizar a evolución climática e a situación dos encoros, o aprazamento de cotas á Seguridade Social para agricultores e a ampliación do fondo de seguros agrarios para situacións de seca e incendios.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade