Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mariña contará cun punto de encontro familiar, o noveno de Galicia

A Mariña contará cun punto de encontro familiar, o noveno de Galicia

Situarase no concello de Cervo e dará cobertura os preto de 80.000 habitantes da comarca

Comezará a funcionar no primeiro semestre do 2023

G24.gal 24/05/2022 12:31 Última actualización 24/05/2022 12:46

As familias vulnerables da Mariña contará cun novo servizo de conciliación.  A Xunta habilita na comarca o noveno punto de encontro familiar da comunidade. Estará no concello de Cervo e a sua posta en marcha evitará o desprazamento das familias a Lugo.

Este tipo de instalacións están enfocadas a facilitar o encontro entre os menores e as súas familias en situacións delicadas. Son espazos nos que se garante a seguridade e o benestar dos máis pequenos. O centro empezará a funcionar a principios do vindeiro ano.

 "Para poder facer ese réxime de visitas que estableceron os xuíces, nos casos de separacións dolorosas, agora os nenos van poder contar aquí en Cervo con este punto de encontro familiar para que pasen este momento difícil da mellor forma posible", dixo a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade