Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maior feira de argalleiros do mundo está no Gaiás

A maior feira de argalleiros do mundo está no Gaiás

A Maker Faire de Galicia é un encontro internacional de inventores que presenta esta ano máis de 70 proxectos 

G24.gal 01/06/2023 14:50

A Maker Fair de Galicia abriu as súas portas na Cidade de Cultura, en Santiago. É un encontro internacional de inventores, de todos os ámbitos, arte, videoxogos, intelixencia artificial, biotecnoloxía. Un encontro serio pero que pretende poñer en valor a parte máis lúdica da innovación.

Estamos xa na novena edición da feira de argalleiros. E non é unha denominación pexorativa porque na creatividade, na inventiva, no xogo é onde están todas ideas que poden transformar o noso futuro. Esa é a filosofía desta feira que congrega aquí no Gaiás máis de setenta proxectos innovadores que son sorprendentes e disruptivos. Vimos desde impresoras de medicamentos ata robots que están sendo programados para recoñecer a xestualidade das nosas emocións.

"Hai que crear ambientes coma este en que haxa liberdade creativa e non se xulgue todo", dixo Enrique Saavedra, argalleiro e organizador do Maker Faire.

Tan seria e divertida como a intelixencia, esta novena edición foi inaugurada esta mañá polas autoridades e a fin de semana abre para o público xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade