Publicador de contidos

Publicador de contidos

A luz cae este sábado un 6 % e marca o prezo máis baixo da semana

A luz cae este sábado un 6 % e marca o prezo máis baixo da semana

O prezo máximo (229 euros/MWh) rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00

O mínimo (145,23 euros/MWh) pagarase entre as 16:00 e as 18:00 horas

G24.gal 07/05/2022 09:27

O prezo da electricidade no mercado almacenista cae este sábado máis dun 6 % ata situarse nos 184,86 euros o megawatt hora (MWh), o seu prezo máis baixo da semana, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE).

Malia o descenso, a luz custa case o triplo ca o primeiro sábado de maio do ano anterior (59,36 euros), pero mantense un 10 % por baixo das cifras do 24 de febreiro, cando comezou a invasión rusa de Ucraína.

Por franxas horarias, o prezo máximo para este sábado, 229 euros/MWh, rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00. O mínimo, de 145,23 euros/MWh, pagarase entre as 16:00 e as 18:00 horas.

Nos sete primeiros días de maio, o prezo da electricidade alcanza de media os 190,94 euros/MWh, un 33 % por baixo do valor de marzo, o mes máis caro da historia (283,3 euros/MWh). Porén, case duplica o valor medio de 2021 (111,4 euros/MWh), o máis alto desde que existen rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade