Publicador de contidos

A illa da Palma rexistra máis de medio centos de sismos durante a noite

A illa da Palma rexistra máis de medio centos de sismos durante a noite

A erupción do volcán da Palma podería estar entrando nunha fase de desaceleración

A lava destruíu máis de 280 hectáreas de cultivos, a metade delas de plátanos

directo
G24.gal 04/11/2021 14:03

A erupción do volcán da Palma podería estar entrando nunha fase de desaceleración, pero a actividade sísmica continúa sendo importante, con medio cento de tremores durante a noite.
A lava destruíu case mil hectáreas, unha cuarta parte terras de cultivo.

Despois duns días de intensa actividade, o volcán de Cumbre Vieja parece entrar nunha fase de desaceleración. As distintas coadas non rexistran avances significativos e diminúen os valores de dióxido de xofre e de carbono, aínda que seguen sendo altos.

A lava destruíu máis de 280 hectáreas de cultivos, a metade delas de plátanos. Os agricultores advirten de que recuperar a produción neses mesmos terreos levará o seu tempo.

A pesar dos esforzos para retirala, a cinza acumúlase en grandes cantidades por toda a illa e a ameaza da chuvia podería complicar aínda máis a situación. 

A actividade sísmica na Palma segue sendo alta e durante a noite rexistráronse máis de medio centro de tremores, un deles de magnitude 3,6 e co epicentro situado a 11 quilómetros de profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade