Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hostalería demanda traballadores para a tempada de verán

A hostalería demanda traballadores para a tempada de verán

Precísanse camareiros, limpadores, cociñeiros e recepcionistas

Ás portas do verán a hostalería non ten a contratación completada

Camareiro traballando nun restaurante de Foz
G24.gal 05/05/2022 14:44

 "Agora mesmo estamos a mes e medio de empezar a temporada de verán e estamos todos un pouco colgados co persoal", explica Javier Méndez, propietario dun restaurante.

A situación repítese de norte a sur da comunidade, sobre todo nas vilas máis turísticas. Os hostaleiros necesitan xente para traballar de cara ao verán.

 "Nunca pasou tal cousa, as cociñas practicamente está ao cen por cento de contratación, agora é ao revés, o que non atopamos son camareiros", apunta Juan Carlos Fernández, copropietario dun grupo hostaleiro.

A pandemia desfixo moitos equipos por iso urxe buscar.

 "É necesario formar novos equipos, e nesa liña todos empezamos moi prontiño para chegar ao mes de xuño co equipo perfectamente formado", indica Leonardo López, director dun hotel.

Pero estalles resultando difícil facelo, porque os traballadores demandan mellores condicións laborais. Neste cámping de Sanxenxo téñeno ben claro, as xornadas son continuas.

 "Uns entran á mañá e outros entran á tarde, e sempre hai mediodía para xestionar cada un as súas cousas e descansar se queren", comenta Camilo Besada, propietario e xerente dun cámping.

Este outro empresario oferta aloxamento e manutención de balde para conseguir traballadores. El, que precisa 20 persoas, tamén sabe que é importante regular os horarios de peche para atraer traballadores ao sector.

"Cada un ten que estar no seu posto. Os restaurantes á unha da mañá non fan nada abertos", fala Juan Carlos Fernández, copropietario dun grupo hostaleiro".

"Se tanto as empresas como os clientes son conscientes de que hai que cumprir unha serie de límites, unha serie de condicións para que as condicións laborais sexan as que teñen que ser, pois todo vai ir mellor", remata Leonardo López, director dun hotel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar