Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como afecta a Galicia a bonificación dos abonos de tren anunciada polo Goberno?

Como afecta a Galicia a bonificación dos abonos de tren anunciada polo Goberno?

Os trens de media distancia Ferrol-A Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo teñen unha bonificación do 100%

O Avant A Coruña- Santiago-Ourense non se inclúe na bonificación do 100% pero mantén a do 50%

Os trens Alvia non teñen bonificación ningunha

G24.gal 13/07/2022 15:16 Última actualización 13/07/2022 20:40

Abonos de trens de media distancia incluídos na bonificación do 100% 

Aqueles prestados por Renfe que circulan por vía convencional, como os da liña Ferrol-A Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo.

Abonos que manteñen só a bonificación do 50%

Os trens Avant A Coruña-Santiago-Ourense.

Trens que non teñen ningún tipo de bonificación

Os trens Alvia non se inclúen nas bonificacións anunciadas polo Goberno.

A gratuidade dos títulos multiviaxe dos servizos ferroviarios de proximidade, Rodalíes e Media Distancia prestados por Renfe para o período comprendido entre o 1 de setembro e 31 de decembro deste ano terá un custo estimado para o Estado duns 250 millóns de euros.

Este importe, que se financiará a través dun crédito extraordinario, inclúe a subvención do 50 % dos servizos Avant anunciada hai uns días e súmase aos 200 millóns que transferirá o Ministerio de Transportes ás comunidades autónomas para que rebaixen os abonos transporte da súa competencia, explicaron desde o ministerio.

En declaracións no Congreso, a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, explicou que a gratuidade do abono aplicarase nos "servizos de media distancia que discorren por ancho métrico ou vía convencional", e puxo como exemplo o do Eixo Atlántico que discorre entre Vigo e A Coruña.

Naquelas medias distancias con outro ancho de vía ou que discorren por alta velocidade seguirá vixente a bonificación do 50 % anunciada hai uns días.

A ministra calculou que estas medidas beneficiarán a 75 millóns de viaxes e mostrouse convencida de que terán un "impacto moi importante nas economías domésticas dos traballadores que utilizan o tren para ir ao seu posto de traballo, dos estudantes e dos mozos".

Tamén sinalou que "ten que ter o impacto de favorecer deixar o coche en casa e subirse ao transporte público" e que, en función do incremento da demanda, o custo estimado podería variar.

Así mesmo lembrou que as comunidades autónomas e os concellos recibirán axudas directas para reducir un 30 % o prezo dos seus abonos de transporte e títulos multiviaxe e que, no ámbito das súas competencias, poden ampliar esa rebaixa ao 50 %, 60 % ou á gratuidade completa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos