Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Generalitat estuda cobrar 20 céntimos retornables por cada cigarro

A Generalitat estuda cobrar 20 céntimos retornables por cada cigarro

Queren acabar coas cabichas na rúa e nos espazos naturais

A medida xa está a xerar debate tamén en Galicia

G24.gal 18/05/2022 14:52

Tal e como se facía hai anos coas botellas das gasosas ou as de cervexa. Pagábanse os envases na tenda e devolvían os cartos ao entregar as botellas baleiras. A proposta da Generalitat é semellante, pero para os filtros do tabaco. Queren poñer unha taxa de 20 céntimos por cigarro retornables para os que entreguen as cabichas no estanco.

A estanqueira Ana Fernández sinala que acepta todo o que sexa bo para o medio ambiente, pero ten dúbidas sobre a súa posta en práctica. Algo semellante pensa José Luis Carrera. Apunta que non ve claro que sexan os estanqueiros os que conten as cabichas, mesmo se a idea non lle parece mala.

A iniciativa non só divide e sorprende os consumidores, tamén os estanqueiros. Polo momento a medida está en estudo e incluiríase na nova lei de residuos que prepara a Generalitat. Din que a iniciativa non ten afán recadatorio senón unha visión medioambiental para acabar cun residuo altamente contaminante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade