Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprehendidos máis de 600 quilos de cocaína a bordo dun mercante na Coruña

Aprehendidos máis de 600 quilos de cocaína a bordo dun mercante na Coruña

O cargueiro, que transportaba grao, partira do Brasil o pasado 8 de setembro 

O frete oculto foi descuberto de xeito casual nunha inspección rutineira con mergulladores

Fardos coa droga descargados Fardos coa droga descargados
G24.gal 24/09/2022 18:12 Última actualización 24/09/2022 20:53

Segundo confirma a Garda Civil, trátase dun alixo importante de cocaína, pero polo momento non pode dar datos concluíntes.

A droga foi localizada no interior do cargueiro Shandong Fu Yi, con bandeira de Hong Kong, que partira o 8 de setembro do porto de Vila do Conde, no Brasil.

Este venres, pouco despois das 14:30 horas, chegou á Coruña. Dende entón, permanece atracado no peirao do Centenario.

O frete oculto foi descuberto de xeito casual nunha inspección rutineira na que participaban varios mergulladores, que deron o aviso ao Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.

O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas da comandancia da Coruña asumiu a investigación do caso.

O barco atracado no porto da Coruña O barco atracado no porto da Coruña
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade