Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detivo dous veciños de Meis como presuntos autores de cinco roubos

A Garda Civil detivo dous veciños de Meis como presuntos autores de cinco roubos

Os arrestados xa tiñan antecedentes policiais

O Xulgado de Cambados ordenou o ingreso en prisión

Imaxes da Garda Civil do atraco nunha das gasolineiras de Caldas de Reis
G24.gal 14/05/2022 21:33 Última actualización 14/05/2022 21:42

A Garda Civil detivo dous homes de Meis como presuntos autores de cinco roubos con violencia na comarca do Salnés cometidos nestas últimas semanas. O Xulgado de Cambados ordenou xa o seu ingreso en prisión.

Atribúenlles polo menos os atracos a dúas gasolineiras de Caldas de Reis, a unha farmacia en Vilanova de Arousa e a unha oficina bancaria en Meis. 

Segundo as investigacións, os presuntos ladróns, que xa tiñan antecedentes violentos, accedían aos locais coa cabeza cuberta e ameazaban os empregados con armas para facerse coa recadación. Nunha mesma semana chegaron a cometer tres actos delituosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade