Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detivo 23 persoas dunha rede criminal que roubaba cables de cobre

A Garda Civil detivo 23 persoas dunha rede criminal que roubaba cables de cobre

O grupo chegou a subtraer máis de tres toneladas de cobre en Andalucía, Estremadura e Castela-A Mancha

Trece dos detidos ingresaron xa en prisión

 

G24.gal 04/12/2022 19:58 Última actualización 04/12/2022 20:30

A Garda Civil desartellou unha organización criminal que roubaba grandes cantidades de cobre. Detiveron 23 persoas, delas 13 ingresaron xa en prisión.

A rede criminal chegou a subtraer máis de 3 toneladas de cables de cobre en Andalucía, Estremadura e Castela-A Mancha.

A organización estaba asentada en Sevilla e integrada por distintos clans provenientes de países do leste de Europa.

A rede chegaba a percorrer máis de 700 quilómetros para cometer os furtos e foi sorprendida por axentes da Garda Civil cando roubaban nunha planta fotovoltaica dunha poboación de Xaén.

Varios dos detidos acumulaban máis de 90 antecedentes por delitos semellantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade