Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pendentes da autopsia da anciá e o fillo falecidos na casa en Mondariz

Pendentes da autopsia da anciá e o fillo falecidos na casa en Mondariz

O home, de 52 anos, puido morrer de xeito repentino

G24.gal 15/01/2022 14:48

As forzas de seguridade que investigan a morte dunha nai e o seu fillo en Mondariz están pendentes do resultado da autopsia. 

A familia avisara a Policía Local porque había dúas semanas que non lograban contactar coas vítimas. Os axentes foron á vivenda e atoparon os cadáveres da muller, de 95 anos, e do seu fillo, de 52.

En principio, a Garda Civil descarta a morte violenta. A hipótese que se considera é que o fillo falecese de xeito repentino e a nai morrese despois, ao non ter quen a coidase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade