Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil busca o autor dun atraco cunha pistola en Vilanova de Arousa

A Garda Civil busca o autor dun atraco cunha pistola en Vilanova de Arousa

A Garda Civil ten despregados controis nas estradas

Un helicóptero tamén forma parte do dispositivo

G24.gal 19/01/2022 15:47

A Garda Civil busca o autor dun atraco cunha pistola hoxe en Vilanova de Arousa.

Segundo confirmou dende a Garda Civil, ás 10:10 da mañá alertaron do suceso dende esta tenda de roupa infantil na avenida González Besada, en Vilanova. Un home encapuchado entrou no comercio e, apuntando a dependenta cunha pistola, levou a recadación do día e fuxiu a pé. Aínda non poden confirmar se a arma que utilizou no atraco era de verdade ou de xoguete.

A Garda Civil ten despregados controis nas estradas e tamén o helicóptero participa no dispositivo de busca deste home que  fuxiu a pé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade