Cargando resultados...
A Fiscalía investiga a familia en España das dúas mulleres asasinadas en Paquistán
A Fiscalía investiga a familia en España das dúas mulleres asasinadas en Paquistán
Os Mossos d'Esquadra interrogaron nas últimas horas ao pai e varios familiares das irmás asasinadas supostamente pola familia dos seus maridos

G24.gal
25/05/2022 20:50
Os Mossos d'Esquadra interrogaron nas últimas horas ao pai e a varios familiares das dúas irmás asasinadas en Paquistán.
É a instancias da fiscalía que abriu unha investigación da morte das dúas mulleres, que residían na localidade barcelonesa de Terrassa. As dúas irmás, de 20 e 24 anos, foron asasinadas en Paquistán a onde viaxaran enganadas.
Sospéitase que os autores do asasinato das rapazas foron os familiares dos maridos, dos que se querían separar tras un matrimonio concertado.