Publicador de contidos

Publicador de contidos

As confrarías esixen unha bonificación polo prezo do gasóleo de 40 céntimos

As confrarías esixen unha bonificación polo prezo do gasóleo de 40 céntimos

Tamén solicitan unha reunión urxente co ministro de Pesca, Luis Planas

O sector di que é preciso baixar o prezo do litro de combustible a menos de 70 céntimos

G24.gal 25/06/2022 21:11 Última actualización 25/06/2022 21:22

As confrarías de pescadores consideran inviable manter a bonificación de 20 céntimos cos prezos actuais do gasóleo. Esixen poñerlle un tope ao prezo do combustible, unha bonificación mínima de 40 céntimos e unha reunión urxente co ministro de Pesca.

A Federación de Confrarías de Pescadores asegura que é inasumible para o sector seguir soportando un prezo superior a un euro o litro de gasóleo, nin tampouco manter unha bonificación de 20 céntimos. Aseguran que entre un 60 e un 70 por cento do que gañan vai para combustible, polo que que seguir coa actividade pesqueira nesas condicións considérano inviable... Esíxenlle ao Goberno unha bonificación mínima de 40 céntimos.

Tamén solicitan unha reunión urxente co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para transmitirlle esa necesidade de que se adopten axudas directas ao gasóleo e garantir así a viabilidade das embarcacións pesqueiras.   

Se non se atenden as súas peticións, a partir do luns sopesarán os paros, tamén condicionados polas decisións que tome o sector dos transportistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos