Publicador de contidos

Publicador de contidos

A exposición 'Téxtiles de artistas' chega á Coruña en primicia para España

A exposición 'Téxtiles de artistas' chega á Coruña en primicia para España

Unha viaxe pola arte do século XX con tecidos creados por Picasso, Dalí ou Warhol

Pode visitarse de balde ata o 19 de xuño na Fundación Barrié

G24.gal 10/03/2022 15:14

Poñer un Dalí de gravata, vestirse cun debuxo de Miró ou abrigarse co cubismo de Piccaso. A través dos tecidos, a xente de a pé puido acceder ao talento dos mellores artistas do século XX.

"Non podes mercar un Picasso, pero si un vestido cunha tea deseñada por Piccaso... é unha cuestión de acceso democrático", explica Dennis Nothdruft, o comisario da exposición, organizada polo Museo da Moda de Londres. Son máis dun cento de pezas e algunhas vense por vez primeira na Coruña. "Como estes vestidos de Warhol que teño detrás, acabamos de descubrilos", di o comisario.

"É a primeira vez que chega a España, é unha ocasión única para explorar a faceta máis descoñecida destes grandes artistas. Hai pezas de roupa e obxectos de fogar como tapices, alfombras ou cortinas", explica Carmen Arias, directora da Fundación Barrié.

Unha relación, a da arte e o téxtil, que chega aos nosos días con forzas renovadas en pezas singulares coma esta.

"Aquí temos un magnífico exemplo da fusión de arte e deseño téxtil, un vestido prestado pola casa de Valentino cun deseño da artista Zandra Rhodes, fundadora do museo que cede a exposición", endade Carmen Arias.

Vestidos de Valentino ou fulares de Chagall que poden verse de balde ata o 19 de xuño na Fundación Barrié.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade