Publicador de contidos

Publicador de contidos

A erupción da Palma vai camiño de ser a máis longa da historia da illa

A erupción da Palma vai camiño de ser a máis longa da historia da illa

A lava da última boca aberta avanza a seis metros por minuto

Aumenta a sismicidade intermedia
G24.gal 28/11/2021 20:56

A punto de cumprirse os setenta días desde a erupción do volcán da Palma, os vulcanólogos din que vai camiño de converterse na máis longa da historia da illa canaria. Este convencemento vén dado polo aumento da sismicidade intermedia e a aparición de novas bocas de emisión de lava.

A lava avanza a seis metros por minuto

A boca aberta este domingo expulsa lava moi fluída, que avanza a uns seis metros por minuto pola ladeira noroeste. A lava xa pasou por riba da estrada de Tacande, e ameaza zonas desaloxadas pero intactas ata o momento.

Canto á calidade do aire, os responsables de emerxencias din que é mala nos Llanos de Aridane, Tazacorte e El Paso, onde recomendan saír o mínimo posible e protexido.

Mobilización de persoas afectadas

Seis mil persoas foron desaloxadas en distintos momentos da zona, das que máis de cincocentas están en hoteis e ducias delas permanecen preto do lugar en caravanas ou vehículos.

Grupos de afectados convocaron para o próximo mércores unha mobilización, para esixir solucións rápidas e eficaces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade