Publicador de contidos

Publicador de contidos

A enfermeira viguesa evacuada desde O Congo permanece ingresada en Madrid

A enfermeira viguesa evacuada desde O Congo permanece ingresada en Madrid

A familia confía en que a súa fortaleza lle permita superar a enfermidade, tras contraer unha das variantes máis agresivas da malaria

G24.gal 05/09/2022 16:32

A familia de Candelas Varela, a enfermeira viguesa que tivo que ser evacuada do Congo en estado moi grave con malaria, mantén a esperanza. Onte chegaba a España nun avión medicalizado e está ingresada en Madrid á espera das probas médicas que avalíen o seu estado, tras coller unha das variantes máis agresivas desta enfermidade.

"Tardaron moito en diagnosticala, porque se cruzou unha covid-19 potencial no medio, estivo fatal do ril, máis morta que viva durante case dez días. Conseguiron remontala a través de hemodiálise, e cando semellaba que estaba en fase de recuperación e os demais órganos ían remontado, fallou o pulmón", explica o seu irmán Carlos.

A familia está abraiada pola vaga de solidariedade que a está a axudar a correr cos gastos do traslado nun avión medicalizado. O mesmo en que ela acompañou moitas veces nenos para ser operados fóra do Congo. A Fundación Amigos de Monkoke, que xestiona o hospital de Kinshasha en que traballa Candelas, abriu unha conta para sufragar os custos.

"A verdade é que Candelas leva 25 anos axudando os demais, e que agora a axudemos non vai facernos nada malo a nós", di Carlos.   

Todos confían na fortaleza de Candelas, que vive por e para o seu proxecto africano, e están seguros de que, se a saúde llo permite, marchará de novo ao Congo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade