Publicador de contidos

Publicador de contidos

A enerxía eólica achega ao PIB galego 316 millóns anuais

A enerxía eólica achega ao PIB galego 316 millóns anuais

É a achega máis alta en España e representa xa o 40 por cento da enerxía eléctrica que se produce na comunidade

G24.gal 29/03/2022 14:42

Os últimos datos económicos que deixa a enerxía eólica en Galicia mostran que a enexía eólica achega ao PIB galego 316 millóns anuais, a máis alta en España e representa xa o 40 % da enerxía eléctrica que se produce na comunidade.

O sector defende un desenvolvemento sostible, o reto nos próximos dez anos e duplicar a potencia actual e crear 12.000 postos de traballo.

"Sabemos que hai 14.000 megawatts, para os próximos dez anos pedimos 5.000 máis, son 400, 500 anuais, que dean estabilidade á empresa auxiliar galega", dixo o presidente da Asociación Eólica de Galicia, Manel Pazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade