Publicador de contidos

Publicador de contidos

A electricidade volve caer e rexistra o prezo máis baixo do mes

A electricidade volve caer e rexistra o prezo máis baixo do mes

Baixa un 7 % e sitúase nos 172,39 euros o megawatt hora

O máximo rexistrarase das 21:00 ás 22:00 horas

O mínimo pagarase entre as 15:00 e as 16:00

G24.gal 08/05/2022 10:17 Última actualización 08/05/2022 10:30

O prezo da electricidade no mercado almacenista volve caer este domingo arredor dun 7 %, ata situarse nos 172,39 euros o megawatt hora (MWh), segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE).

Malia o descenso, custa 17 veces máis ca no segundo domingo de maio do ano pasado (10,53 euros) e mantense un 16 % por baixo das cifras do 24 de febreiro, cando comezou a invasión rusa de Ucraína.

O prezo deste domingo é o máis baixo no que vai de mes, e o máis barato desde o 24 de abril, cando a luz se pagaba a 146,95 euros/MWh.

Máximo e mínimo

Por franxas horarias, o máximo (238,35 euros/MWh) rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00 horas e o mínimo (93,26 euros/MWh) pagarase entre as 15:00 e as 16:00.

Nos oito primeiros días de maio, o prezo da electricidade alcanza de media os 188,62 euros/MWh, un 32 % por baixo do valor de marzo, o mes máis caro da historia (283,3 euros/MWh), pero case duplica o valor medio de 2021 (111,4 euros/MWh), o ano máis caro desde que hai rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade