Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parte da Coruña o mercante que levaba 600 quilos de cocaína no casco

Parte da Coruña o mercante que levaba 600 quilos de cocaína no casco

As dilixencias, con testemuños da tripulación, entregaranse este luns en sede xudicial

É o maior alixo de cocaína aprehendido no que vai de século no porto da Coruña

Os fardos localizados nun primeiro momento Os fardos localizados nun primeiro momento
G24.gal 25/09/2022 09:10 Última actualización 25/09/2022 21:25

O barco no que se localizaron 600 quilos de cocaína partiu este domingo do porto da Coruña. Fontes da investigación precisaron que as dilixencias inclúen testemuños da tripulación e serán entregadas este luns en sede xudicial.

Tras concluíren os labores de inspección, o mercante Shandong Fu Yi, que transportaba cereais,  partiu cara ao seu seguinte destino en Santander.

A droga foi localizada nos baixos do cargueiro, con bandeira de Hong Kong, que partira o 8 de setembro do porto de Vila do Conde, no Brasil.

Inspección rutineira

O frete oculto foi descuberto de xeito casual nunha inspección rutineira na que participaban varios mergulladores, que deron o aviso ao Grupo Especial de Actividades Subacuáticas.

Nun primeiro momento, localizaron 66 paquetes dun quilo de droga cada un pero, segundo fontes da investigación, a cantidade aprehendida podería superar os 600 quilos. 

Esta cantidade convérteo no maior alixo de cocaína comisado en máis de 20 anos na cidade herculina.

O Shandong Fu Yi no porto da Coruña O Shandong Fu Yi no porto da Coruña
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade