Publicador de contidos

Publicador de contidos

A diplomacia española traballa con Alxeria mentres as operacións comerciais se manteñen conxeladas

A diplomacia española traballa con Alxeria mentres as operacións comerciais se manteñen conxeladas

O Goberno de Pedro Sánchez di que a diplomacia segue traballando para restablecer as relacións canto antes

 Mentres en Europa, Italia e Alemaña estreitan as  elacións comerciais co país norteafricano. 

G24.gal 15/06/2022 14:53

Unha semana despois da suspensión do Tratado de Amizade con España, o Goberno alxeriano cesou nas ultimas horas o seu ministro de Finanzas tras conxelar o comercio exterior con España. Desde o Goberno de Sánchez non queren valorar este movemento, pero apoian o traballo do ministro de Exteriores español despois das criticas recibidas polo executivo do país magrebí.

Desde o Partido Popular propoñen a Sánchez un pacto nacional para reforzar a seguridade no territorio español e non peninsular. Alberto Núñez Feijóo critica a forma de facer política exterior por parte do executivo central e pídelle que deixen traballar á diplomacia. 

En medio desta crise, Albares busca sen éxito apoios en Europa. Alemaña anunciou unha estreitar a súa cooperación con Alxeria para expandir as relacións enerxéticas. Na mesma liña, Italia avanza en fortalecer as relacións co Goberno alxeriano e aumenta nun 50 % as importacións de gas. Mentres ambos países estreitan lazos, Francia pide diálogo para solucionar a crise.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade