Publicador de contidos

Publicador de contidos

A débeda con Audasa enfronta o Goberno central e a Xunta

A débeda con Audasa enfronta o Goberno central e a Xunta

A concesionaria da AP-9 reclama 21 millóns como compensación por eliminar as peaxes de Rande e da Barcala

G24.gal 08/11/2022 20:46 Última actualización 08/11/2022 21:42

A débeda con Audasa volve ser motivo de conflito entre o Goberno central e a Xunta. A concesionaria da autoestrada AP-9 reclama case 21 millóns como compensación por eliminar as peaxes de Rande e da Barcala, unhas cantidades que o Ministerio de Transportes non aboou nin están presupostadas para o ano que vén.

O conflito comezou en 2017, cando o Ministerio decidiu recortar a compensación a Audasa. O Supremo ditaminou a favor da concesionaria, pero a sentenza está en recurso, e a el se aferra o Goberno para non pagar de momento. O ministerio reclama que a Xunta volva contribuír, pero o Goberno galego rexéitao e lembra que a xustiza xa lle deu a razón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos