Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cota de neve sitúase nos 800 metros este venres

A cota de neve sitúase nos 800 metros este venres

 A intensa nevarada obrigou a cortar durante unhas horas este xoves a A-6 á altura das Nogais 

A LU-633 foi a outra estrada en que a circulación estivo condicionada pola neve

G24.gal 26/01/2023 21:31 Última actualización 26/01/2023 21:52

As intensas nevaradas caídas na montaña lucense desde primeira hora obrigaron primeiro a prohibir a circulación de camións e vehículos pesados pola A-6 en Pedrafita; despois, axentes da Garda Civil cortaban a autovía de conexión coa meseta nas Nogais, a uns dez quilómetros de Pedrafita. Tras unhas horas de corte, a DXT anunciaba a reapertura. 

Onde seguen os atrancos é na estrada LU-633, que une Pedrafita con Triacastela.

A vía está transitable pero con precaución, en ambos os dous sentidos e nos 19 quilómetros que hai ata O Biduedo. 

E o que foi un problema para uns converteuse en ocio para outros. Pedrafita é o centro de peregrinación para os que queren ver a neve. 

No interior as máximas non pasaron dos 10 graos, As temperaturas máis altas, volveron alcanzarse nas Rías Baixas, pero nada extraordinario, andaron entre os 12 e os 13 graos.

Este venres será unha xornada de transición cara ao anticiclón. A cota de neve quedará nos 800 metros. Iso si, seguirá o frío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar