Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coroación de Carlos III de Inglaterra contará con sabor galego

A coroación de Carlos III de Inglaterra contará con sabor galego

As patacas Bonilla foron elixidas por uns almacéns británicos como un dos produtos gourmet de recordo dese evento

G24.gal 19/04/2023 21:13

Compartindo cesta co salmón afumado escocés ou o solombo Wellington, as patacas galegas Bonilla a la Vista forman parte do paquete de produtos gourmet que uns almacéns británicos comercializarán como recordo do momento histórico da coroación de Carlos III.

Entre os sorprendidos, a propia empresa.

Xa saltaran á fama por aparecer na película surcoreana Parasitos, gañadora de varios Óscars en 2020.

Volveron ser virais en 2022, cando un dos integrantes do grupo coreano BTS publicou unha foto comendo as patacas coruñesas.

A lata de patacas Bonilla entra así no selecto club de produtos de alta calidade co que os británicos recordarán a coroación do seu rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade