Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión Europea suaviza a súa proposta de racionamento do gas

A Comisión Europea suaviza a súa proposta de racionamento do gas

Introducirá excepcións na xuntanza do martes ante o enfado de España

Os estados terán a potestade para bloquear a obrigatoriedade dos recortes

Antón Montero 25/07/2022 20:34

Varios dos ministros de Enerxía europeos chegan á xuntanza deste martes en pé de guerra contra o plan de racionamento de gas proposto pola Comisión. España é un dos máis belixerantes.

Opóñense a unha redución do 15 % no consumo de gas en caso de que Rusia decida cortar a subministración. As autoridades comunitarias, que temen darlle a Putin a imaxe duns socios divididos, suavizaron nas últimas horas a súa proposta.

Segundo varias fontes, Bruxelas vai manter a cifra do 15 %, pero con moitas excepcións para contentar os críticos. Por exemplo, o recorte non se faría sobre o total do gas consumido: quedaría fóra o empregado para encher as reservas de cada país.

E tamén se prevé contemplar a excepcionalidade ibérica, é dicir, esixirlle menos esforzo a España e Portugal, que teñen menos conexións co resto do continente e dependen por tanto menos dos gasodutos rusos.

A ministra Teresa Ribera intentará tamén que a industria esencial quede fóra dese eventual recorte.

A Comisión tamén está disposta a cederlle aos estados membros a última palabra para ordenar este recorte: poderao activar a propia Comisión ou cinco estados membros, pero quedaría sen efecto se a maioría das capitais se declara en contra.

España encabeza a rebelión por ser un dos membros menos expostos ao gas ruso. Tanto é así, que por primeira vez na historia, o gas que se consume en España é máis barato que o que fornece ao resto dos estados membros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade