Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión Europea aprobará o paquete de medidas enerxéticas urxentes debatido polos 27

A Comisión Europea aprobará o paquete de medidas enerxéticas urxentes debatido polos 27

Establécense límites aos beneficios das empresas enerxéticas e unha redución do consumo eléctrico

Debátese a posibilidade de poñerlle un tope ao gas importado

As empresas enerxéticas terán os seus beneficios limitados
G24.gal 10/09/2022 14:49 Última actualización 10/09/2022 15:17

O próximo martes a Comisión Europea deberá concretar as medidas enerxéticas debatidas nas xuntanzas de ministros de Economía e Enerxía dos 27 desta semana. O paquete de medidas discutidas implica limitar os beneficios das eléctricas e o prezo do gas e fixar axudas para fogares e pequenas empresas. 

Nun contexto de escalada de prezos, cunha guerra que se prolonga en Ucraína e con cortes do gas ruso nas portas do outono, os 27 ministros de Enerxía acordaron a intervención do mercado con límites aos beneficios das compañías enerxéticas e eléctricas, unha redución do consumo e axudas aos máis vulnerables. O catedrático de Economía da Universidade de Vigo, Xavier Labandeira valoraba as medidas anunciadas.

O gran problema que temos cos prezos enerxéticos tan elevados son os custos sobre as familias de clase media e de pouca capacidade económica e determinados sectores industriais e comerciais que se ven moi afectados. Temos que centrarnos aí porque se non os custos son moi elevados para compensar.

Os 27 países discutiron ademais a posibilidade de poñer un tope ao prezo do gas importado, ao ruso e ao doutros gasodutos, e ao gas natural licuado.

O que ocorre é que non está pechado ese tope de gas. Se foramos capaces de facelo sería positivo porque o custo sería menor para nós, equilibrariamos os mercados internacionais e evitariamos darlle máis recursos para esa guerra tan indesexable. A cuestión é como reaccionará Rusia e os equilibrios internos dentro da Unión Europea. 

En relación á posibilidade de relanzar o MidCat, a interconexión gasística entre España e Francia, o catedrático Xavier Labandeira valora que non soluciona o problema a curto prazo e non deixa de ser unha infraestrutura para un combustible fósil ecoloxicamente cuestionable.

Tampouco está nada claro que isto solucione o problema do centro e norte de Europa fronte ao gas ruso porque é unha infraestrutura que vai estar lista dentro duns anos. Por outro lado os alemáns, por exemplo, están adaptándose a pasos forzados e cando estea dispoñible este MidCat xa terán varias regasificadoras eles.

O martes a Comisión Europea deberá presentar propostas lexislativas concretas para esta intervención de urxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade