Publicador de contidos

Publicador de contidos

A colleita de mazá para sidra vaise reducir nun 60 % respecto do pasado ano

A colleita de mazá para sidra vaise reducir nun 60 % respecto do pasado ano

Rozarán os 5 millóns de quilos, fronte aos 9 millóns de anos normais

A seca é a causa da baixada na produción

G24.gal 13/10/2022 14:18

A calidade está garantida, pero non así a cantidade. A campaña de mazá vaise ver reducida ata nun 60 % na meirande parte das comarcas produtoras como Chantada, A Mariña ou A Estrada. Se xa os anos pares soen ser de baixa produción, neste exercicio hai que engadirlle a seca, que privou as mazairas da humidade necesaria para dar suficiente froito.

As sidrerías adiantaron a recollida para que os provedores poidan almacenar a maior cantidade posible, pero non se agarda ir máis aló dos 5 millóns de quilos fronte aos 9 dun ano normal. A parte positiva é que as mazás se están a pagar mellor que en anos anteriores por causa da escaseza, con ata 40 céntimos por quilo.

Cando menos, a seca eliminou as pragas de fungos e o estado sanitario das mazás é inmellorable. Outro problema é que boa parte da mazá vai quedar sen recoller por falta de man de obra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade