Publicador de contidos

Publicador de contidos

O encarecemento da cesta da compra continúa o seu ascenso

O encarecemento da cesta da compra continúa o seu ascenso

Dispáranse, sobre todo, os prezos do leite, das pastas e do aceite

Agárdase unha suba dos produtos cárnicos nas vindeiras semanas

G24.gal 12/03/2022 14:16

O importe da cesta da compra medrou un 5,6 % no último ano. As familias notan moito este incremento en produtos como o leite, as pastas e o aceite e empezan a comprobar como este encarecemento chega cada vez a máis alimentos. 

A suba xeneralizada nos prezos aínda non é rechamante na carnicería, pero as previsións son malas. Ucraína é un produtor estratéxico de cereal para España. O sector agrogandeiro precisa del para alimentar os animais. 

O incremento tamén é evidente nos postos de peixe. Con boa parte da frota amarrada, hai menos mercadoría que vai máis cara. Nas froiterías, o quilo de amorodo, por exemplo, subiu máis dun euro nunha semana. O kiwi amarelo está a más de dez.

Subiron as conservas, os legumes e subirá o pan nos próximos días. Todo repercute de forma irremediable nas economías dos fogares.  A escalada de prezos non se deterá nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar