Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Catedral de Santiago acolle o funeral polo bombeiro falecido o pasado martes

A Catedral de Santiago acolle o funeral polo bombeiro falecido o pasado martes

O mozo de 25 anos faleceu nun tráxico accidente no seu primeiro día de prácticas no parque de bombeiros

G24.gal 06/09/2022 20:56 Última actualización 06/09/2022 21:21

A Catedral de Santiago acolleu esta tarde a misa de funeral en memoria do bombeiro falecido o pasado martes durante un dispositivo na capital galega.

Aquela mañá Jorge Corbacho saía cos seus compañeiros tras recibirse o aviso no parque por un incendio nun autobús urbano.

O mozo de 25 anos saía por primeira vez coa brigada, aínda que só como observador debido a que, ao estar aínda en prácticas, tiña que adquirir experiencia antes de poder participar co resto do equipo.

Mentres comprobaba os traballos, o autocar, aínda en chamas, desprazouse repentinamente  e acabou coa súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade