Cargando resultados...
Fanse oito anos da desaparición dos 43 estudantes do Estado mexicano de Guerrero
Marchas multitudinarias para pedir responsabilidades militares

G24.gal
27/09/2022 08:24
Fanse oito anos da desaparición de 43 estudantes no Estado mexicano de Guerrero. Numerosas marchas foron convocadas polos seus familiares e compañeiros, que levan todos estes anos esixindo que se abran os arquivos militares do caso.
A Comisión da Verdade, instaurada polo presidente López Obrador, concluíu que foi un crime de Estado e sinalou o exército como suxeito activo na desaparición dos estudantes. A Fiscalía xa solicitou 80 ordes de arresto, algunhas delas contra altos cargos militares.