Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete mil manifestantes piden en Madrid a abolición da prostitución

Sete mil manifestantes piden en Madrid a abolición da prostitución

A marcha foi convocada pola Plataforma Estatal de Organizacións de Mulleres pola Abolición da Prostitución

Reclaman, entre outras medidas, que se penalice a clientela

G24.gal 28/05/2022 20:51 Última actualización 28/05/2022 21:10

Abolición da prostitución”, berran as mulleres que secundaron a marcha convocada este sábado en Madrid.

"Ten que ser abolida, porque compromete a vida, a seguridade e a integridade e a saúde de milleiros de mulleres no noso país e en todo o mundo”, asegura Rosario Carracedo, portavoz da Plataforma de Mulleres para a Abolición da Prostitución.

A plataforma abolicionista pretende acabar cun negocio que, segundo datos da Fiscalía, xera 5 millóns de euros diarios para os proxenetas.

"Estamos sendo sexualizadas por un sistema que nos considera cousas", di unha manifestante.

A Policía estima que máis do 80 % das mulleres prostituídas en España son vítimas de trata sexual. 

"Ademais de traballar nun piso ou nunha rúa, tes que ir a sitios descoñecidos en coches,  a miradoiros ou a sitios abandonados, e non sabes se vas saír viva ou morta", di unha muller prostituída.

"Necesitamos leis que garantan a inserción sociolaboral destas mulleres, leis que lles dean alternativas reais, que vencellen a inserción coa regularización, e tamén se necesita educación", explica Begoña González, de Médicos do Mundo.

O Congreso aprobou este xoves a lei de garantía integral da liberdade sexual, que inclúe a prohibición dos anuncios de prostitución. As medidas abolicionistas, que estaban incluídas no borrador da lei, quedaron fóra tras meses de negociacións entre os socios do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade