Empeora a calidade do aire, sobre todo nos municipios máis achegados ao volcán
Empeora a calidade do aire, sobre todo nos municipios máis achegados ao volcán
A calidade do aire obriga a manter as clases en liña
Hoxe entréganse as primeiras vivendas aos afectados

Nas últimas horas empeoraba a calidade do aire nos municipios máis achegados ao volcán. Por esa razón, os alumnos de cinco concellos seguirán coas clases desde a casa.
🔴AVISO IMPORTANTE🔴 Mañana lunes, 8 de noviembre, se mantiene la suspensión de la actividad lectiva presencial en los centros educativos de El Paso, Los Llanos de Aridane, Tazacorte, Tijarafe y Puntagorda, que continúan con enseñanza en línea #infovolcan
— Educación Gobcan (@EducacionCan) November 7, 2021
📷Freepik pic.twitter.com/IJjUn6lMgk
Está previsto que hoxe entreguen as primeiras vivendas a evacuados polo desastre.
A ministra de Transportes reúnese esta tarde co presidente canario para construír unha vía alternativa que conecte Puerto Naos con Las Manchas, illados polas coadas.
Se nos últimos días se supoñía que o final da erupción estaba preto, o volcán encargouse de demostrar esta fin de semana que é imprevisible. De feito, expulsou máis magma nas últimas horas ca en días anteriores.
Iso fixo empeorar moito a calidade do aire, sobre todo nos municipios máis achegados ao volcán, El Paso, Fuencaliente, Tijarafe e Los Llanos de Aridane. O forte vento levanta a cinza. As que causan dano son partículas menores de dez micrómetros.
Polo demais, a lava non está causando danos porque circula por riba das coadas anteriores. Algunhas das sete mil persoas que foron evacuadas das súas casas recibirán nas próximas horas as vivendas compradas polo Goberno rexional. O Cabido tamén está preparando terreos para colocar casas prefabricadas.
Mentres, no resto da Palma segue a loita diaria coa cinza. Tamén lles permitiron o paso aos veciños de localidades en zonas de exclusión para que puidesen volver uns minutos ás súas casas.
Nestas sete semanas de erupción, a lava arrasou 992 hectáreas e afectou a 2.700 edificacións.