Cargando resultados...
3 detidos por roubar xoias e perfumes en varias vivendas
3 detidos por roubar xoias e perfumes en varias vivendas
Eeran operarios que facían labores de desentullo no edificio que explotou o venres pasado en Madrid
G24.gal
10/05/2022 20:26
Última actualización 10/05/2022 20:33
A policía detivo tres persoas por roubar colonias de alta gama e xoias nos pisos do edificio do barrio madrileño de Salamanca, onde se produciu unha explosión o venres pasado.
Segundo a policía , algúns veciños do edificio denunciaron que botaban en falta algúns obxectos persoais. Posteriormente os axentes comprobaron que varios operarios que traballaban nos labores de desentullo aproveitaron a situación para roubar eses obxectos.