Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trece grandes incendios queimaron case 44.000 hectáreas en Galicia

Trece grandes incendios queimaron case 44.000 hectáreas en Galicia

O conselleiro do Medio Rural avanzou no Parlamento a creación dun grupo especial para loitar contra estes lumes

G24.gal 08/11/2022 18:44 Última actualización 08/11/2022 21:38

No que vai de ano, os incendios forestais arrasaron máis de 51.000 hectáreas na nosa comunidade autónoma, preto de 44.000 en 13 grandes incendios.

O conselleiro de Medio Rural avanzou na cámara galega a creación dun grupo especial para loitar contra esta nova modalidade de incendios e a ampliación dos contratos das brigadas autonómicas.

José González dixo que o 75 % do persoal das brigadas autonómicas terá un contrato de 12 meses e o resto de medio ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade