Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Torre de Hércules, 13 anos como Patrimonio da Humanidade

A Torre de Hércules, 13 anos como Patrimonio da Humanidade

O monumento coruñés organiza distintos actos para conmemorar esta data

G24.gal 27/06/2022 14:54

A Torre de Hércules está de festa. Este luns fanse 13 anos desde que a Unesco a declarou Patrimonio da Humanidade, ou 12+1 como prefiren dicir os responsables do faro. Un ano en que se espera recuperar o número de visitantes anteriores aos dous da pandemia. En 2019, 123.000 persoas visitaron o faro. 

"Por suposto ao formar parte de familia do patrimonio mundial é un escaparate impresionante. De feito recibimos visitantes de todo o mundo, dos recunchos máis insospeitados", afirma a directora da Torre de Hércuels.

Desde primeira hora xa eran moitos os que visitaban a Torre de Hércules, nunha xornada, ademais de portas abertas.

"Moi bonita, gústanos moito. Moi interesante. Tentamos ler un pouco sobre a Torre, pero leremos máis na casa"; "Eu tampouco a coñecía e si, aproveitamos. Ademais hoxe din que é de balde así que aproveitamos o día para visitala"; "Vexo que agora se pode acceder e ver a torre por dentro, porque eu vin hai 15 anos e non se podía, debía de estar rehabilitándose a torre", din os visitantes.

Para os coruñeses, que a visitan con frecuencia, é un auténtico orgullo ter un símbolo coma este e que conte con este recoñecemento.

"Eu estaba dentro cando se declarou Patrimonio da Humanidade. Traballei case 20 anos, así que estás facendo a pregunta a unha persoa que a coñece bastante ben"; "Calquera que vén aquí á Coruña unha das primeiras cousas que pregunta é pola Torre de Hércules, eu fun taxista durante 40 anos e pedíanme vir á torre", sinalan os coruñeses.

Serán múltiples os actos que se van celebrar con motivo deste aniversario, entre eles visitas nocturnas guiadas e espectáculos teatrais no exterior do faro máis antigo do mundo.

"O faro é o monumento, a instalación, pero é fundamentalmente diálogo coa contorna natal, peor ademais hai que ter moi en conta que a Torre de Hércules é unha viaxe no tempo. É entrar no Imperio Romano, di a directora da Torre de Hércules.

Na contorna da Torre destaca tamén o seu conxunto escultórico, Breogán ou a Hidra de Lerna, son algúns dos seus símbolos. E como non, a Rosa dos Ventos, coa que rematemos esta especial visita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar