Cargando resultados...
Silvia García: "Tatiana Macedo fai unha proposta distópica que alude á idea do dobre maligno"
Silvia García: "Tatiana Macedo fai unha proposta distópica que alude á idea do dobre maligno"
A fundación DIDAC acolle ata este domingo día 4 o proxecto de Tatiana Macedo Esgotaranse os nomes para as tempestades
O cine de Tatiana Macedo está construído con gran rigor estético e conceptual
Fragmento da videoinstalación 'Esgotaranse os nomes para as tempestades'
G24.gal
30/05/2023 15:36
Última actualización 30/05/2023 16:40
Artista portuguesa nacida en Lisboa (1981), Tatiana Macedo desenvolve un traballo que utiliza o cine, a fotografía e o son. Traballando nas fronteiras entre xéneros artísticos, a noción dun campo expandido de prácticas artísticas atravesa as súas intervencións que empregan dende material de arquivo ata a súa propia metraxe, concibindo secuencias narrativas cun eco á vez político e poético.