Cargando resultados...
Gosia Trebacz, na Fábrica de Armas: arte para a sandación e contra o esquecemento do lugar
Gosia Trebacz, na Fábrica de Armas: arte para a sandación e contra o esquecemento do lugar
Música, poesía, arquitectura, danza, escultura, fotografía de 21 artistas nesta creación que ten moito de emocional e espontánea de Gosia Trebacz
Ao libro Ar+Arte.Terapias alternativas seguirá unha exposición, para o 2024, con máis sorpresas e videocreacións
Gosia Trebacz, directoraAr+Arte. Terapias alternativas
G24.gal
17/12/2023 11:30
Última actualización 14/12/2023 17:13
Un enorme espazo amurallado que foi memoria industrial da cidade da Coruña. Un lugar misterioso que fabricou armas e que acabou no abandono. Hoxe, un dos 7 edificios acolle as cidades TIC da USC. Entremedias, a artista Gosia Trebacz sacou adiante un proxecto, con máis de 20 artistas de diversas modalidades e que titulou AR+Arte. Terapias alternativas, onde a arte se impuxo ao abandono con memoria do lugar.