Publicador de contidos

Publicador de contidos

'40 anos da moda en Galicia', libro que recolle o 'boom' do deseño galego desde 1980

'40 anos da moda en Galicia', libro que recolle o 'boom' do deseño galego desde 1980

O autor e xornalista do Faro de Vigo, Fernando Franco, viviu aqueles anos de primeira man 

G24.gal 25/04/2022 18:32

Gene Cabaleiro, Florentino Cacheda e María Moreira foron algúns dos artífices do boom da moda galega na década dos 80.

O pasado 8 de abril asistiron en Vigo á presentación do libro '40 anos de moda en Galicia', da editorial Guiverny e auspiciado polo Fondo Xacobeo, que relata a súa epopeia naqueles anos da movida, o fenómeno cultural e creativo que irmandou Vigo con Madrid e propiciou unha vaga de creatividade no deseño de moda por toda Galicia.

O deseño feito en Galicia estivo desde aquela entre os grandes, chegando a desfilar en París coas súas coleccións. Os deseñadores de entón abriron portas que xa nunca máis se pecharon e colocaron Galicia no cumio da moda internacional. 

Corenta anos depois, Galicia é líder de deseño de moda en España, o sector representa o 10% do PIB galego e a industria téxtil é un dos motores da comunidade cunha facturación milmillonaria.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos