A máscara deixa de ser obrigatoria este mércores no transporte público
A máscara deixa de ser obrigatoria este mércores no transporte público
O BOE publica mañá a modificación, que a ministra de Sanidade explica pola clara tendencia á baixa da covid
O uso da máscara mantense en centros sanitarios, farmacias e residencias de maiores
A partir de mañá, a máscara deixará de ser obrigatoria no transporte público. España é o último país de Europa en eliminar esta medida. O Consello de Ministros aprobou a modificación do real decreto que regula o seu uso, que entrará en vigor mañá coa publicación no BOE.
Tras case tres anos de uso, as máscaras xa non serán obrigatorias no transporte público, e tampouco en ópticas, centros auditivos e ortopedias. Esta medida de protección manterase en centros sanitarios, farmacias e residencias de maiores.
A ministra de Sanidade explicaba que este é un paso decisivo, grazas á tendencia á baixa da covid. "É un paso moi importante. Queda limitada a obrigatoriedade do uso de máscara aos centros e servizos sanitarios, as farmacias e as caixas de primeiros auxilios. Nos centros sociosanitarios mantense igual: non é obrigatoria para as persoas que viven alí, si para os que traballan ou van de visita".