Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo agarda dar a versión de Riazor diante do Mérida (19:00, G2)

O Deportivo agarda dar a versión de Riazor diante do Mérida (19:00, G2)

Óscar Cano quedou moi satisfeito coas fichaxes do mercado de inverno e confía en ascender de xeito directo

Foto @RCDeportivo
G24.gal 03/02/2023 16:08 Última actualización 03/02/2023 16:22

O Deportivo regresa a Riazor despois dunha semana movida provocada polo empate en San Fernando a última hora e un peche de mercado que deixou dúbidas entre parte da afección. O equipo branquiazul necesita seguir mostrándose forte en casa para non deixar pasar máis oportunidades ante os seus rivais directos. Este sábado (19:00 horas, G2) ten unha boa oportunidade diante do Mérida.

Óscar Cano valora positivamente o peche de mercado:

"É para estar satisfeito co traballo que fixo a dirección deportiva. Considero que o plantel deu un paso adiante. As alternativas que tes que ter vaichas ditando a competición. Hai veces que hai que xogar máis directo. Neste caso, vexo ao plantel listo para competir en calquera escenario".

Continúa pensando en ascender directamente:

"Se non pensase que o Deportivo podería ser primeiro, sería moi mal adestrador".

Tamén se referiu á situación do Mérida:

"Fíxome que aínda que estea sumido nunha mala dinámica de resultados no último mes, foi capaz de gañar en grandes escenarios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade