Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Cano: "De conformista teño cero. Se non cumpro as expectativas, perdo o traballo"

Óscar Cano: "De conformista teño cero. Se non cumpro as expectativas, perdo o traballo"

Perde a Max Svensson para xogar en Talavera

Cre que a media inglesa non vai chegar para ascender

Foto @RCDeportivo
G24.gal 17/02/2023 13:17 Última actualización 17/02/2023 13:26

O Deportivo volve viaxar, desta volta para xogar co Talavera, un equipo que loita por evitar o descenso. Óscar Cano non vai poder contar con Max Svensson por unha lesión nun  bíceps femoral.

O dequipo debe mellorar como visitante. O técnico do equipo herculino non cre que sexa conformista:

"Conformismo sería non modificar cousas cando vas fóra. Non pon dous dianteiros nin fai cambios para facer un gol. De conformista teño cero. Se non cumpro as expectativas, perdo o traballo".

"Hai moita diferenza entre o que ocorre en casa e o que sucede fóra. Non vexo frustración, pero si unha obrigación que nos impoñemos porque se a liga segue así, a media inglesa non nos vai dar para ser campións".

Tamén falou da pouca presenza de xogadores do filial no primeiro equipo: 

"Cando me contrata o Dépor dáme información do proxecto da canteira. Pero hai unha esixencia de gañar e penso máis no día a día"

"O día que teña que poñer a un xogador do filial porque o vexa mellor que a un do primeiro equipo, poñereino"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos