Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "A sensación é agridoce porque puidemos levar os tres puntos"

Álex López: "A sensación é agridoce porque puidemos levar os tres puntos"

O capitán verde analizou na Radio Galega o empate en Linarejos

G24.gal 26/02/2023 19:12

Foi un encontro trabado o que desputaron departamentais e o Linares Deportivo. Un partido que tivo dúas partes diferenciadas e rematou cun empate que non contenta a ninguén, como recoñece o ferrolán Álex López:

"Primeira parte moi competida, con achegamentos, pero nunha xogada con mala sorte chegou o seu tanto. Na segunda metade custou entrar, pero rematamos ben, chegamos, e tivemos a sensación de que podiamos levar os tres puntos, por iso temos a sensación agridoce. Son un equipo perigoso ofensivamente, se corren fan moito dano. Creo que rematamos moito mellor. No noso gol fixemos unha boa xogada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar